Ir o contido principal

Brais Monterroso gaña o XIII Concurso de postais de Nadal

O debuxo premiado de Brais Monterroso
O debuxo premiado de Brais Monterroso
O xurado do XIII Concurso de postais de Nadal da Fundación USC designo como gañador o debuxo de Brais Monterroso Núñez, de 8 anos. Asemade acordou conceder un accésit a Alba Vázquez Ramos, de 4 anos.

O premio do gañador consistirá nunha praza no Verán CampUSC 2025, un vale de 100 € para trocar por material deportivo e un suadoiro da USC. Así mesmo, a imaxe gañadora formará parte da tarxeta de Nadal que elaborará para este ano a Fundación Universidade de Santiago.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.12.2025.